martes, 22 de noviembre de 2011

EUROBECAS CAJAMADRID


Xa está aberto o prazo das Eurobecas Caja Madrid!!!

Estas becas (Opción 2) están dirixidas ao alumnado de ciclos superiores de FP que teña sido seleccionado polo seu centro educativo para participar no programa Erasmus de prácticas profesionais.
Este ano ofértanse 155 becas, e o único requisito que se esixe para poder solicitalas é non ser beneficiario dunha axuda complementaria ofrecida por outra entidade privada.
O importe da axuda é de 500 euros, que se concederán unha vez comezada a estancia, aportada a documentación requerida por CajaMadrid e unha vez aberta unha conta corrente en Bankia (Caja Madrid) requisito esixido a todos os beneficiarios das eurobecas .
O prazo para presentar as solicitudes é do 15 de novembro até o 23 de xaneiro. As solicitudes cursaránse através do centro, polo tanto será o instituto o encargado de facelas.

Qué tedes que facer vós? Entregar o voso CV en formato Europass (en español), a vosa declaración da renda do ano anterior (ou a de vosos pais) e unha carta de obxectivos redactada por vos mesmos e referida ás vosas intencións e expectativas respecto ao programa Erasmus. Non é necesario nin pasar probas de idioma, nin realizar entrevistas persoais ou terse que trasladar a Madrid. Só hai que presentar a documentación indicada. Acaso non paga a pena???

Si es un dos 5 afortunados do noso centro que este curso marchades de Erasmus co IES Johan Carballeira, poñédevos en contacto có departamento de Programas Europeos para comezar a cursar as vosas solicitudes. Que 500 euros poden ser unha boa axuda!!!

Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario