miércoles, 23 de noviembre de 2011

O TEU EMPREGO EN EUROPA



O vindeiro luns 28 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela a "Xornada Europea do Emprego 2011", unha excelente oportunidade para vos informar sobre as oportunidades de emprego que existen no ámbito da U.E.
A esta xornadas acudirán Conselleiros EURES de diversos países europeos (Alemaña, Noruega, Italia, Portugal, Reino Unido, Suecia e máis Grecia), que vos prestarán unha  asesoría especializada non só no campo laboral (ofertas de emprego, procura de traballo en Europa...) senón tamén vos darán información sobre posibilidades de aprendizaxe en Europa e cuestións relativas á vida cotián noutros países comunitarios (aloxamento, custo da vida, taxas e impostos...etc).
En resumo, un asesoramento completo, específico e personalizado para todos aqueles que esteades a pensar na posibilidade de coller as maletas na procura dun futuro profesional alén das nosas fronteiras.

Estas xornadas terán lugar o luns 28 de novembro, entre as 10.30 e as 18.00 horas, no Centro Sociocultural "O Ensanche" (Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, Santiago de Compostela).
A entrada será libre e de balde, non sendo necesario facer unha inscrición previa.

Cada conselleiro EURES de cada país ten asignado un horario específico, que podedes consultar tanto na web da red EURES (norte de Portugal-Galicia) como na web Servizo Público de Emprego de Galicia.

"O Ensanche" está bastante céntrico e non ten perda, pero de todos os xeitos podedes consultar a súa  ubicación exacta nun mapa da cidade AQUÍ.

É UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA E INTERESANTÍSIMA, SE PODEDES,  NON DEIXEDES DE ACUDIR!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario