miércoles, 23 de noviembre de 2011

NOVO CONVENIO DE PRÁCTICAS NON LABORAIS

O pasado venres 18 de novembro saiu publicado no BOE o Real Decreto 1543/2011, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas.
  • De qué se tratan estas prácticas? Trátase dunha medida adoptada polo Goberno dentro do marco de medidas emprendidas no contexto da reforma laboral, coa cal se pretende facer fronte ao noso acuciante problema de desemprego xuvenil.
  • Cómo? Permitindo a posibilidade de que xóvenes titulados podan desenvolver prácticas non laborais en empresas que teñan suscrito un convenio previo cos Servizos Públicos de Emprego.
  • Qué implica que se traten de prácticas non laborais? Pois implica que realmente non podemos falar da existencia dunha relación laboral entre o traballador "en prácticas" e a empresa. Este traballador acudiría á empresa a prestar os seus servizos profesionais, sen existir un contrato de por medio. Polo tanto tampoco poderemos falar de salario, vacacións, dereito a paro ou indemnización.
  • Cómo se artellan estas prácticas? É preciso que a empresa suscriba un convenio co SEPE, quen será o encargado de facer a selección dos candidatos, ademáis de vixiar que se cumpran na empresa os compromisos sucritos (relativos a horarios, tarefas a desenvolver...etc). A empresa ten a obriga de designar un tutor encargado de dirixir e supervisar ao traballador. Ao remate destas prácticas, o traballador recibirá un certificado emitido pola empresa, en colaboración co SEPE.
  • Cánto duran estas prácticas? Entre 3 e 9 meses.
  • A quén van dirixidas? Xóvenes entre 18 e 25 anos, con titulación académica (universitaria, FP ou certificado de profesionalidade), sen experiencia profesional no sector de actividade (ou que ésta non supere os 3 meses) e que estean desempregados e inscritos na oficina de emprego.
  • O traballador, cobra? Pois sí, a empresa aboaralle en concepto de "beca de apoyo" unha contía mínima do 80% do IPREM (agora mesmo sería un importe de 426 euros mensuais).
A empresa non tería que vos pagar nin un salario nin as cuotas á Seguridade Social, polo tanto tería o que se dí custo cero pola man de obra. Ademáis o empresario non tería ningunha obriga de contratar posteriormente ao traballador, quendando esta decisión á súa vontade (pero podendo aproveitar entón todas as medidas de incentivación da contratación legalmente vixentes).Por outra banda, esta medida estaría xustificada pola necesidade de incorporar ao mercado laboral ás novas xeracións, que sofren un paro cercano ao 50%, sen visos de que a situación poda mellorar a curto prazo.
Qué vos parece esta nova medida, un avance ou un retroceso nos vosos dereitos laborais? Qué pasa entón co contrato de prácticas?
Podedes consultar o texto completo do RD 1543/2011 AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario