martes, 17 de abril de 2012

CAMPOS DE TRABALLO 2012

A Consellería de Traballo e Benestar, a través do programa "Acción de Verán 2012" está a piques de abrir o prazo de inscrición para participar nos campos de traballo durante este verán 2012.

Os campos de traballo son actividades interesantísimas que combinan lecer, convivencia, tolerancia e  solidariedade, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países.

Entre a oferta deste ano podemos atopar campos de traballo:

•Culturais e etnográficos
•Ambientais
•De construción e restauración
•De dinamización social con temáticas relacionadas coa formación lingüística e co turismo.
•Sociais (traballo con nenos e nenas, persoas maiores ou persoas con discapacidade).
•Arqueolóxicos

A oferta abarca:
Para consultar a información sobre condicións, formularios, documentación e teléfonos de contacto, acudide á web de Xuventude da Xunta de Galicia- ACCIÓN DE VERÁN 2012

O prezo xeral é de 72 € (aínda que hai descontos) e os costes de transporte van por conta do participante.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS, É UN MODO MOI INTERESANTE DE DESFRUTAR, COLABORAR, COÑECER XENTE E APRENDER!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario