jueves, 12 de abril de 2012

XORNADA SOBRE XUVENTUDE E EMPREGO NA UE


O vindeiro martes 17 de abril, terá lugar ás 9.00 horas a xornada "Juventud, empleo y formación en la UE" na Escola de Enxeñería de Telecomunicación do campus universitario de Vigo, dentro do marco da "CAMPAÑA NACIONAL DE SENSIBILIZACIÓN JUVENTUD, EMPLEO Y FORMACIÓN EN LA UNIÓN EUROPEA".

Segundo a convocatoria, nesta xornada vánse abordar temas tales como os programas da UE (Erasmus, Leonardo, Comenius, Marie Curie...) pero tamén sobre outras cuestións relacionadas coa formación e o emprego, os primeiros pasos  a realizar, a integración, a dificultade de traballar/estudar nun país extranxeiro, os procesos burocráticos,..etc.

Se queredes participar, poñédevos en contacto  a través do teléfono 986 44 15 70  ou da dirección de correo: secretaria@nomeparo.eu

Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario