jueves, 31 de enero de 2013

PREMIOS EXTRAORDINARIOS FP

Hoxe publicouse no DOG a Orde do 21 de xaneiro de 2013 , pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011/12.

O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica (Máximo de 850€/premio) recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas.

Requisitos para optar aos premios:

  • Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2012 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.
Forma e prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación (ata o 01 de marzo) desta orde no Diario Oficial de Galicia. A solicitude está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, para a súa tramitación electrónica completa. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario