Alemaña estrea unha web para facilitar formación e emprego á xuventude europea.
Con esta iniciativa, pertencente ao programa “The Job of My Life”, o Goberno xermano trata de cubrir miles de postos de formación profesional que permanecen vacantes.
Os postos de formación ofrecidos pertencen ao sistema dual alemán, que combina aprendizaxe nunha escola de oficios con prácticas en empresas. O programa tamén inclúe apoio financeiro, e cursos de alemán no país de orixe e posteriormente en Alemaña, ademáis de orientación.
Poderán beneficiarse desta iniciativa novos de entre 18 y 35 anos que non teñan rematado a formación profesional e que dispoñan do título de ESO.
Fonte: aprendemas.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario