martes, 30 de abril de 2013

PRÁCTICAS EN EUROPA PARA TITULADOS DE FP


O programa Galeuropa está dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.

As estadías para as prácticas laborais desenvolveranse preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.
As estadías terán como máximo 8 semanas de duración cun mínimo de 25 horas formativas semanais, entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013.
A contía da axuda ascenderá a 2.400 € por participante por un período máximo de 8 semanas.
Requisitos de participación:
  • Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
  • Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
  • Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
  • Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.

Inscricións: As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS324A
O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de maio de 2013.
Podedes consultar a convocatoria no DOG de 29 de abril de 2013




miércoles, 24 de abril de 2013

BOLETÍN PONTE EMPREGO




Boletín PonteEmprego nº132
Destacamos:

CAMPOS DE TRABALLO DA XUNTA 2013



A partir do 25 de abril estarán abertos os teléfonos da Dirección Xeral de Xuventude para solicitar os Campos de Traballo: 981 544 838, 981 957 115, 881 999 730 e 981 545 696. 

Tamén se poderán facer nos servizos de Xuventude e Voluntariado e oficinas locais das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, persoalmente ou por teléfono en horario de 09.00 a 14.00 h de luns a venres.

MÁIS INFO

martes, 23 de abril de 2013

OFERTA FORMATIVA ILES PONTEVEDRA





ABRESE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE EN CATRO NOVOS ITINERARIOS FORMATIVOS DO PROGRAMA ILES

O lugar de presentación será na sede do Proxecto ILES (Avda. das Camelias 3, Urb. Pontemuiños - Lourizán, Pontevedra. Teléfono. 986841606

Os novos itinerarios son:
  • Coidador/a de Maiores
  • Monitor/a de actividades acuáticas para persoas dependentes
  • Camareiro/a de pisos
  • Atención especializada a enfermos de alzheimer
Os catro itinerarios consisten nun periplo formativo de 365 horas (215 teóricas e 150 de prácticas en empresas especializadas).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 23 DE ABRIL AO 02 DE MAIO.

FOMENTO DE EMPREGO DE MENORES DE 30 ANOS

A Consellería de Traballo e Benestar convoca subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas integrados para o emprego durante os anos 2013 e 2014, dirixido entre outros colectivos, a menores de 30 anos.
Máis información na web de xuventude da Xunta de Galicia.

lunes, 22 de abril de 2013

PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE

A Dirección Xeral de Emprego e Formación convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia. Prazo de inscrición ata o 3 de maio.





viernes, 19 de abril de 2013

EMPREGALIA 2013


A cidade de Vigo acollerá entre hoxe e mañán  (venres 19 e sábado 20 de Abril) a celebración da primeira edición da Feira de Emprego de Galicia, Empregalia, organizada pola Asociación de Mujeres en Igualdad de Vigo. 

A feira terá lugar no local do Consorcio da Zona Franca de Vigo, no barrio de Bouzas. Se instalarán expositores de centros de formación, escolas de negocios, empresas de automoción, do sector servizos, transportes e aseguradoras, entre outras, que ofrecerán un mínimo de 40 empregos directos ás persoas que presenten o seu curriculum durante a celebración do salón. Haberá un total de 40 stands de diferentes empresas e asociacións profesionais e 4 para ONG’s. 

Ademáis,  hoxe venres realizaránse as seguintes conferencias sobre o mercado laboral:

  • 11:30: “Presentación da guía corresponsabilidade e manual de acoso por motivo de xénero”, a cargo de Carmen Fúnez, secretaria da Confederación Nacional de Mujeres en Igualdad.
  • 17:30: “Cambia el Chip”, a cargo de Nelly Rey, coaching e socia fundadora de Identia Coaching.
  • 18:30: “Técnicas de búsqueda de empleo”, a cargo de María de la O Calderón Fuentes, de CIP Formación.
O horario da feira será:
  • Venres: 09.30 a 13.30 horas/ 16.30 a 20.30 horas
  • Sábado: 09.30 a 13.30 horas
Empresas que acudirán á feira: Centro Os Bambáns, Metalships, Fuerzas Armadas, Frutas Nieves, Citroën, Linorsa, Seguros La Fe, Geriatros, Doral Residencias, Pazo de Cea, Agua de Mayo, Talaso Atlántico,CIP Formación, Academia Postal, Transportes Martínez, Transportes Souto, Cardama, Grupo Moldes, Asehospe, Carlos Mantilla y asociados, Catering el Canario, Levantina y Asociados de Minerales, Feprohos, Anfaco, Ascensores Indelev, Aproim, Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo, Vorwerk, S-4 Soluciones Aseguradoras, Método Consultoría, Idae Consultores, Asime, Adecco, Unique, Randstat, Solgest, Nortempo, COGAMI, Berce, Down Vigo E Asociación de Bulimia y Anorexia de Pontevedra.

ENLACE Ó FACEBOOK DE EMPREGALIA

martes, 16 de abril de 2013

PROBAS LIBRES PARA OBTER O TÍTULO DE TÉCNICO DE FP


Esta orde ten por obxecto regular as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

A oferta de probas libres estará vinculada á oferta existente nos centros públicos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas na modalidade presencial e no réxime para as persoas adultas na modalidade a distancia. Realizarase unha convocatoria anual de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional, en todos os centros públicos, dos ciclos formativos de formación profesional que teñan autorizados, naqueles módulos profesionais que conten con alumnado matriculado no curso académico correspondente.

Poderán ser obxecto de avaliación na devandita convocatoria todos os módulos profesionais dos ciclos formativos autorizados, agás os módulos profesionais de formación en centros de traballo (FCT) e de proxecto.

As probas realizaranse no mes de xuño, co fin de lles posibilitar ás persoas aspirantes a participación no proceso de admisión de ciclos formativos do seguinte curso académico. Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será durante os derradeiros dez días hábiles do mes de abril.

REQUISITOS:
  • Ter dezaoito anos, para os títulos de técnico. Dispór do título da ESO ou a proba de acceso a ciclo medio aprobada.
  • Ter vinte anos, para os títulos de técnico superior e dispór de título de Bacharelato ou proba de acceso a ciclo superior aprobada, ou ben ter dezanove anos, no caso de posuír xa o título de técnico.
  • As persoas que cumprindo o requisito da idade, acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de vinte e cinco anos.
  • Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión , poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais as persoas adultas que, sen cumprir as condicións de acceso, teñan acreditada unha experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
  • Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
  • Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 19 ao 30 de abril, ata as 13:00.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS E FORMULARIOS DE INSCRICIÓN

O NOSO CENTRO REALIZARÁ AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE:
  • TÉCNICO EN XESTIÓN ADMINISTRATIVA.
  • TÉCNICO EN SOLDADURA E CALDEIRARÍA.
  • TÉCNICO SUPERIOR EN CONSTRUCIÓNS METÁLICAS.

miércoles, 10 de abril de 2013

BECAS EUROLINGUA


Eurolingua Venairlanda, vén de realizar unha convocatoria de becas para a aprendizaxe de inglés en Irlanda. 

Os cursos, becados ao 100%, incluirán:
  • Aloxamento en familia ou residencia universitaria.
  • Programa de 20 clases de inglés por semana, con Internet e material didáctico.
  • Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
  • Certificado, supervisión e teléfonos de emerxencia.
  • Non incluído, pero xestionable, o billete de avión.
OFÉRTANSE 5 BECAS PARA ALUMNADO DE BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL, E 5 PARA UNIVERSITARIOS.

Requisitos:
  • Nados entre xaneiro de 1988 e decembro de 1995
  • Nacionalidade comunitaria
  • Estar matriculado nalgún curso de Bacharelato, FP ou nun grao universitario.
  • Expediente académico do curso pasado dun mínimo de 7 puntos ( agás os universitarios, que será 6 puntos)
BASES DA CONVOCATORIA
MÁIS INFO

Boletín PonteEmprego




PROXECTO DE FORMACIÓN DUAL EN ALEMAÑA

Froito do acordo entre o Estado Alemán e a rede EURES, vénse de presentar este proxecto de formación profesional en Alemaña.

Destinatarios: 
  • Xoves da europeos residentes en España
  • Ter entre 18 e 35 anos
  • Ter rematada a ESO
  • Estar desempregado

O proxecto implica un periodo de formación de 3 anos, que incluirá formación teórica e práctica en empresas alemás.
Será requisito previo a formación na lingua do país, os primeiros 2 meses en España e outro mes en Alemaña, ademáis de 1 mes na empresa na que se farán as prácticas. 

A continuación se suscribirá o contrato de aprendizaxe alemán e comezarán os 3 anos de formación no sistema da FP DUAL. Durante ese periodo cobraráse o salario para aprendices que establece a lexislación alemá para a profesión correspondente, e a maiores se prevén outras axudas, aínda sen concretar.

MÁIS INFORMACIÓN

TAMÉN A TRAVÉS DA REDE EURES:

viernes, 5 de abril de 2013

EMPREGO EN CANGAS

O CONCELLO DE CANGAS OFERTA 5 PRAZAS DE AUXILIAR DA POLICÍA LOCAL.

PLAN DE EMPREGO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, un Plan de Emprego que dará ocupación a 750 persoas.
O plan ten por obxecto a contratación laboral de 750 operarios de servizos para os 62 concellos da provincia e inserirse nas liñas de fomento de emprego que a institución provincial leva a cabo.


martes, 2 de abril de 2013

ERASMUS EN BRISTOL

Hoxe Raquel Agraso, alumna do ciclo superior de Administración e finanzas, comezou as súas prácticas de FCT en Bristol, Reino Unido, grazas ao programa Erasmus para ciclos superiores de FP que o noso centro desenvolve.
Agardamos que a experiencia sexa moi enriquecedora! ENJOY!!

Vos deixamos un vídeo promocional da cidade, para que vos fagades unha idea do que lle agarda a Raquel durante estes próximos 3 meses.


PROBAS LIBRES DA ESO

VOS LEMBRAMOS QUE HOXE SE INICIA O PRAZO PARA VOS MATRICULAR NA QUENDA DE MAIO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS LIBRES CONDUCENTES Á OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO.

A Resolución do 8 de xaneiro de 2013,  establece a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Prazos de matrícula:
– Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

ACCIÓN DE VERÁN 2013

Acción de Verán'13 é un programa de actividades que ten lugar nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas de participación, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude (ata os 35 anos) e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.



lunes, 1 de abril de 2013

A ESPIRAL DO PARO

Vos deixamos este estupendo documento da "Sexta columna" sobre o problema do paro en España.

Podes ver toda a reportaxe AQUÍ

PROBAS LIBRES PARA OBTER O TÍTULO DE TÉCNICO DE FP

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará este ano por primeira vez as probas libres para a obtención do título de técnico e técnico superior de Formación Profesional, de tal forma que as persoas que superen estes exames poidan obter a correspondente titulación unha vez realicen o módulo de formación en centros de traballo (FCT) e, no caso dos ciclos de grao superior, o de proxecto. 

O prazo de inscrición estará aberto os 10 últimos días hábiles do mes de abril, e os exames realizaranse no mes de xuño

O obxectivo é que, de non superaren todos os módulos, os candidatos poidan matricularse no curso 2013/2014 nas materias restantes para obter a titulación. Así mesmo, deberán matricularse nos módulos de FCT e mais de proxecto – no caso dos ciclos formativos de grao superior- para poder obter o título. Estes dous últimos módulos só poderán cursarse logo de alcanzada a avaliación positiva no resto das materias.

As persoas adultas que acrediten unha experiencia laboral equivalente a 2 anos de traballo a tempo completo (nunha actividade directamente relacionada co sector profesional do ciclo no que se desexen titular) poderán inscribirse nas probas (se houbera vacantes ao remate do proceso de admisión) aínda que non cumpran os requisitos esixidos – ter 18 anos para o título de técnico, 20 para o de técnico superior-  aos aspirantes.

MÁIS INFORMACIÓN