viernes, 28 de febrero de 2014

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA FP DE GRAO SUPERIOR

Hoxe publícase no DOG a Orde do 18 de febreiro de 2014, pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2012/13.

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2013 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Poderanse conceder ata vinte e dous premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte na Comunidade Autónoma de Galicia. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da dotación económica, un diploma acreditativo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario