Mostrando entradas con la etiqueta FOL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FOL. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de marzo de 2016

PROBAS CERTIFICACIÓN ESCOLA IDIOMAS

Hoxe ábrese o prazo de matrícula para realizar as probas libres de certificación de idiomas das EOIs.

Ábrese o prazo de matrícula libre para as probas de certificación do nivel básico, intermedio, avanzado e C1 do 29 de marzo ao 14 de abril de 2016, ambos incluídos. 

A matrícula realizarase en liña no enderezo: https://www.informaticacentros.com/xunta/ 
e non terá validez ata que o alumnado a formalice na secretaría do centro onde se vai examinar. 

A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12.00 do mediodía do 14 de abril.

MÁIS INFO 

domingo, 7 de junio de 2015

DATAS EXAMES FINAIS DEPARTAMENTO DE FOL

FABRICACIÓN MECÁNICA

  • FOL 1º CM SOLDADURA: 18 XUÑO, XOVES 09.40 (aula 12)
  • FOL 1º CS CONST. METÁLICAS: 17 XUÑO, MÉRCORES 10:30 (aula 10)
  • EIE 2º CM SOLDADURA: 16 XUÑO, MARTES 16:50 (aula 11)
  • EIE 2º CM CONST. METÁLICAS: 16 XUÑO, MARTES 12:45 (aula 9)

MAXE PERSOAL

  • FOL 1º CM PEITEADO: 10 XUÑO, MÉRCORES 08.50 (aula de estética)
  • EIE 2º CM PEITEADO: 15 XUÑO, LUNS 11:55 (aula FP básica pesca)
  • FOL 1º CM ESTÉTICA: 12 XUÑO, VENRES 08.50 (aula de estética)
  • AXPE 1º CM ESTÉTICA: 10 XUÑO, MÉRCORES 08.50 (aula estética)


ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
  • FOL 1º CS ADMINISTRACIÓN E FINANZAS: 10 XUÑO, MÉRCORES 08.55 horas (aula estética)
  • FOL 1º CM XESTIÓN ADMINISTRATIVA: 11 XUÑO, XOVES 11:55 (aula 29)

jueves, 12 de marzo de 2015

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FP DE GRAO SUPERIOR

Hoxe, 12 de marzo, publícase no DOG a convocatoria de premios extraordinarios de FP de grao superior de Galicia, correspondentes ao curso 2013/14.
Os requisitos para poder participar son:
  • Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no curso 2013/14 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e telos rematado no ano 2014.
  • Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5.
  • Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, a partir do venres 13 de marzo.

jueves, 26 de febrero de 2015

PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO E SUPERIOR

A pasada semana aprobouse a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2015.
As datas de inscrición son:

  • Superior: do 23 de febreiro ao 06 de marzo
  • Medio: do 07 ao 20 de abril para grao medio. 
As probas terán lugar o 29 de abril (Superior) e o 3 de xuño (Medio).
Máis información:

martes, 28 de octubre de 2014

¿CÓMO INFLÚE O ERASMUS NA VIDA DUN ESTUDANTE?

Pois respostar a esta pregunta era precisamente o obxecto dun estudo encargado pola Comisión Europea, é dicir, determinar cómo o programa Erasmus ten influído na mocidade europea.
Para levalo a cabo, se teñen analizado as respostas de máis de 75.000 estudantes e antigos alumnos, entre elas as de máis de 55.000 que  estudaron ou se formaron no estranxeiro. Ademáis, cinco mil  traballadores, mil centros de ensino superior y seiscientos cincuenta empresarios (un 55 % de pymes) participaron nas enquisas en liña. O estudo cualitativo está centrado en oito países, bastante diferentes en canto a tamaño e zona:  Alemania, Bulgaria, Chequia, España, Finlandia, Lituania,  Portugal e Reino Unido.

O RESULTADO? Claramente a participación nun programa de mobilidade Erasmus  favorece a empregabilidade, a inserción laboral e a mobilidade internacional dos estudantes. Unha razón de peso para plantexarse a participación nas accións Erasmus que o noso centro desenvolve.

GO ERASMUS!


domingo, 15 de junio de 2014

BECAS EN EUROPA PARA NON TITULADOS: PROGRAMA LA IDA


Oferta de 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña durante unha estancia de 4 semanas a partir do mes de outubro de 2014.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de carácter transnacional  La IDA do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais alemán, que a Fundación Paideia desenvolve en colaboración co IBI (Institut für Bildung in der   Informationsgesellschaft e. V.) e cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. 

Datos xerais:

  • Saída prevista: outubro 2014
  • Duración da estancia: 4 semanas
  • Localización: Wernigerode (Alemaña)
  • Prazas: 10
Sectores de prácticas priorizados: metal, xardinería, impresión gráfica, comercio e gastronomía.
Destinatarias/os:
Mozos e mozas galegas con idades entre os 18 e 30 anos de idade no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes, que cumpran os seguintes requisitos:
  • En situación de desemprego laboral superior a seis meses
  • Sen titulación académica ou con titulación equivalente ou inferior ao ciclo medio de formación profesional.
Cobertura:
  • Curso de preparación lingüística e intercultural 
  • Manutención e aloxamento en cuarto de uso múltiple.
  • Viaxe de ida e volta.
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
  • Transporte local no lugar de realización das prácticas.
  • Mediador transnacional e titor de contacto hispanofalante durante toda  a estadía.
Formación:
Antes da  saída: sesións formativas e informativas de asistencia obrigatoria.
Durante a estancia en Alemaña: prácticas laborais non remuneradas  en empresas, curso de iniciación ao alemán e actividades culturais/deportivas 
Á chegada: avaliación e elaboración do informe final obrigatorios
Solicitudes:
As solicitudes deben presentarse a través do formulario electrónico dispoñible ao final desta convocatoria.
prazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño de 2014 ás 23:59 horas.
Máis información
Na web de xuventude, no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es e nos números de teléfono: 881 999 567/ 981 544 645, en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres.

PROGRAMA DE BECAS PARA FP - EUROGAL

Oferta de 45 prazas de Leonardo da Vinci (PLM) para a realización de prácticas laborais non remuneradas en seis países da Unión Europea a partir do mes de setembro de 2014, no marco do proxecto “Europeizando Galicia”, EUROGAL.

Destinatarios/as:

  • Ter entre 18 e 30 anos de idade, no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Ser galegos/as residentes nun concello de Galicia
  • Ter titulación universitaria ou de formación profesional nos sectores especificados segundo o país de realización da estadía.
  • Non ter sido beneficiario de ningunha  outra bolsa Leonardo da Vinci PLM

Destinos: Cork, Praga, Burdeos, Arezzo, Cracovia y Budapest.

Cobertura: As bolsas cobren estancias de 12 semanas de duración a realizar  partir do mes de setembro de 2014 que inclúen:
  • Formación lingüística e cultural
  • Período de formación en prácticas laborais non remuneradas no país de destino nunha empresa relacionada co sector profesional de cada participante.
  • Aloxamento en cuarto de uso múltiple
  • Seguro de responsabilidade civil.
  • Axuda para os gastos da viaxe de ida e volta a custo real ata un máximo de 250 euros, cantidade que será aboada ao beneficiario/a no momento de volta, previa xustificación.
  • 300 € en concepto de axuda a manutención

Solicitudesprazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño de 2014 ás 23:59 horas.

Máis información: na web de xuventude galicia, no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es e nos números de teléfono: 881 999 567/ 981 544 645, en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres.

martes, 27 de mayo de 2014

AXUDAS DA XUNTA PARA O FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO


Hoxe publicouse na web da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia a convocatoria de axudas para promover e axudar a financiar proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas menores de 30 anos e de 30 ou máis anos de idade que pretendan desenvolver  a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomos  ou por conta propia. 

Subvencionaránse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014, ambos inclusive.

Prazo de presentación: Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de setembro de 2014.

Máis información sobre os requisitos e a forma de tramitar as solicitudes:


lunes, 28 de abril de 2014

DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO


Hoxe, 28 de Abril celébrase o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, unha campaña internacional destinada a promover tanto a saúde e a seguridade no traballo como o traballo decente. 

Dende o ano 2003, a Organización Internacional del Trabajo (OIT) organiza actividades para conmemorar o Día Mundial facendo fincapié na prevención de accidentes e enfermedades profesionais. O tema da edición 2014 é  “A seguridade e a saúde no uso de produtos químicos no traballo”.

Podedes acceder a máis información na web da OIT: Día Mundial da seguridade e a saúde laboral.


viernes, 14 de marzo de 2014

GALEUROPA: PRÁCTICAS LABORAIS NO ESTRANXEIRO

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o programa Galeuropa dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.
As prácticas terán unha duración de 8 semanas cun mínimo de 25 horas formativas semanais, e desenvolveranse no período comprendido entre o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva de persoas beneficiarias e o 30 de outubro de 2014.
Requisitos:
  • Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
  • Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
Titulación:
  • Título de técnico/a ou técnico/a superior (grao medio ou superior) de Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
  • Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a, técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores.
  • Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
  • Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
PRAZO ABERTO ATA O 28 DE MARZO.

lunes, 10 de marzo de 2014

PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2014

Hoxe sae publicada no DOG a Orde de 05 de marzo, pola que se convocan as probas de acceso a ciclo medio e superior de Formación Profesional.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:
  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos.

viernes, 7 de marzo de 2014

viernes, 28 de febrero de 2014

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA FP DE GRAO SUPERIOR

Hoxe publícase no DOG a Orde do 18 de febreiro de 2014, pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2012/13.

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2013 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Poderanse conceder ata vinte e dous premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte na Comunidade Autónoma de Galicia. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da dotación económica, un diploma acreditativo.

miércoles, 26 de febrero de 2014

CURSOS CELGA 2014


¿Qué é o CELGA? 
CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Serven para certificar un coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos.Hai cinco niveis, do CELGA1 ao CELGA5 por orde de menor a maior dificultade.
Os certificados obtéñense mediante un exame que deberá ser superado e que terá lugar en dúas convocatorias anuais. Esta proba será de carácter obrigatorio e avaliada por un tribunala asistencia aos cursos preparatorios non dá dereito a obter un certificado.
Convocatoria
O pasado martes, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou con carácter gratuíto, cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga) nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2014, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Beneficiarios e prazo:
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega. prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 7 de marzo de 2014.


martes, 25 de febrero de 2014

XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL


Hoxe e mañán, 26 e 27 de febreiro, terá lugar no Auditorio de Cangas a IV edición das Xornadas de Orientación Académica e Profesional.

Podedes consultar o programa aquí: