Mostrando entradas con la etiqueta PCPI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PCPI. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de junio de 2014

BECAS EN EUROPA PARA NON TITULADOS: PROGRAMA LA IDA


Oferta de 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña durante unha estancia de 4 semanas a partir do mes de outubro de 2014.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de carácter transnacional  La IDA do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais alemán, que a Fundación Paideia desenvolve en colaboración co IBI (Institut für Bildung in der   Informationsgesellschaft e. V.) e cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. 

Datos xerais:

  • Saída prevista: outubro 2014
  • Duración da estancia: 4 semanas
  • Localización: Wernigerode (Alemaña)
  • Prazas: 10
Sectores de prácticas priorizados: metal, xardinería, impresión gráfica, comercio e gastronomía.
Destinatarias/os:
Mozos e mozas galegas con idades entre os 18 e 30 anos de idade no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes, que cumpran os seguintes requisitos:
  • En situación de desemprego laboral superior a seis meses
  • Sen titulación académica ou con titulación equivalente ou inferior ao ciclo medio de formación profesional.
Cobertura:
  • Curso de preparación lingüística e intercultural 
  • Manutención e aloxamento en cuarto de uso múltiple.
  • Viaxe de ida e volta.
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
  • Transporte local no lugar de realización das prácticas.
  • Mediador transnacional e titor de contacto hispanofalante durante toda  a estadía.
Formación:
Antes da  saída: sesións formativas e informativas de asistencia obrigatoria.
Durante a estancia en Alemaña: prácticas laborais non remuneradas  en empresas, curso de iniciación ao alemán e actividades culturais/deportivas 
Á chegada: avaliación e elaboración do informe final obrigatorios
Solicitudes:
As solicitudes deben presentarse a través do formulario electrónico dispoñible ao final desta convocatoria.
prazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño de 2014 ás 23:59 horas.
Máis información
Na web de xuventude, no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es e nos números de teléfono: 881 999 567/ 981 544 645, en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres.

miércoles, 22 de mayo de 2013

Boletín PonteEmprego




Boletín PonteEmprego nº137

Destacamos:
  • Xornada de autoemprego para a mocidade. Mércores 29 de maio. Proxecto ILES.
  • Convocatoria de procesos de selección para o ingreso nos centros docentes para a icorporación ás Forzas Armadas.
  • Bolsa de emprego para o festival de Ortigueira.

miércoles, 15 de mayo de 2013

miércoles, 24 de abril de 2013

BOLETÍN PONTE EMPREGO




Boletín PonteEmprego nº132
Destacamos:

CAMPOS DE TRABALLO DA XUNTA 2013



A partir do 25 de abril estarán abertos os teléfonos da Dirección Xeral de Xuventude para solicitar os Campos de Traballo: 981 544 838, 981 957 115, 881 999 730 e 981 545 696. 

Tamén se poderán facer nos servizos de Xuventude e Voluntariado e oficinas locais das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, persoalmente ou por teléfono en horario de 09.00 a 14.00 h de luns a venres.

MÁIS INFO

miércoles, 10 de abril de 2013

Boletín PonteEmprego




PROXECTO DE FORMACIÓN DUAL EN ALEMAÑA

Froito do acordo entre o Estado Alemán e a rede EURES, vénse de presentar este proxecto de formación profesional en Alemaña.

Destinatarios: 
  • Xoves da europeos residentes en España
  • Ter entre 18 e 35 anos
  • Ter rematada a ESO
  • Estar desempregado

O proxecto implica un periodo de formación de 3 anos, que incluirá formación teórica e práctica en empresas alemás.
Será requisito previo a formación na lingua do país, os primeiros 2 meses en España e outro mes en Alemaña, ademáis de 1 mes na empresa na que se farán as prácticas. 

A continuación se suscribirá o contrato de aprendizaxe alemán e comezarán os 3 anos de formación no sistema da FP DUAL. Durante ese periodo cobraráse o salario para aprendices que establece a lexislación alemá para a profesión correspondente, e a maiores se prevén outras axudas, aínda sen concretar.

MÁIS INFORMACIÓN

TAMÉN A TRAVÉS DA REDE EURES:

martes, 2 de abril de 2013

PROBAS LIBRES DA ESO

VOS LEMBRAMOS QUE HOXE SE INICIA O PRAZO PARA VOS MATRICULAR NA QUENDA DE MAIO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS LIBRES CONDUCENTES Á OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO.

A Resolución do 8 de xaneiro de 2013,  establece a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Prazos de matrícula:
– Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

miércoles, 13 de marzo de 2013

BOLETÍN PONTEEMPREGO




Boletín PonteEmprego nº128

Destacamos as ofertas de emprego para soldadores e para traballar na mina de ouro de Cabana de Bergantiños (400 postos de traballo). Tamén a apertura das listas do SERGAS, a oferta de diversos cursos de maquillaxe profesional e o informe especial de procura de emprego a través do Twitter.



ESTANCIAS PRÁCTICAS EN EMPRESAS ALEMÁS

PUBLICADO HOXE NA WEB DE XUVENTUDE DA XUNTA DE GALICIA


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Paideia ofertan 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña, durante unha estancia de 4 semanas.

Destinatarios e requisitos
Mozos e mozas galegas con idades entre os 18 e 30 anos de idade, que cumpran os seguintes requisitos:
  • En situación de desemprego laboral superior a seis meses
  • Sen titulación académica ou con titulación equivalente ou inferior ao ciclo medio de formación profesional
  • Con experiencia laboral nos sectores ofertados (metal, produción industrial, saúde, gastronomía e comercio)
Cobertura da estancia:
  • Empresa de acollida
  • Aloxamento e manutención
  • Billete de avión de ida e volta
  • Transporte ao posto de prácticas
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
  • Titorización personalizada durante toda a estadía.
 Datos xerais:
  • Saída prevista: finais de abril – principios de maio de 2013
  • Duración da estancia: 4 semanas
  • Localización: Karlsruhe (sureste de Alemaña)
  • Prazas: 10
  • Sectores de prácticas: metal, produción industrial, saúde, gastronomía e comercio
O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 20 de marzo 

martes, 20 de noviembre de 2012

FEIRA PONTEEMPREGO

Como xa vos informamos, mañán 21 e o xoves 22 de novembro terá lugar en Pontevedra a feira Ponte Emprego, da cal vos adxuntamos o programa AQUÍ.
Durante a súa celbración preténdese dar emprego a 125 persoas, para o cal teredes que preparar o voso currículo e rexistrarvos, indicando a referencia dos postos que desexades solicitar. Vos deixamos a relación de postos de traballo e a relación de empresas que asistirán a recollelos:
Vos deixamos ademáis o boletín especial de PonteEmprego publicado onte có gallo da feira.

domingo, 20 de mayo de 2012

ESTUDAR FP NO IES JOHAN CARBALLEIRA

PARA TODOS AQUELES QUE VOS ESTEADES A PLANTEXAR QUÉ FACER PARA O CURSO QUE VÉN, DEIXAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN ESTA PRESENTACIÓN COA OFERTA DE CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DO IES JOHAN CARBALLEIRA PARA O CURSO 2012/2013



AÍNDA QUE NON VÉN ESPECIFICADO NO DOCUMENTO, VOS LEMBRAMOS QUE NO IES JOHAN CARBALLEIRA TEDES A OPORTUNIDADE DE FACER AS VOSAS PRÁCTICAS PROFESIONAIS DE CICLO SUPERIOR EN EUROPA, ATRAVÉS DA BOLSA ERASMUS.



lunes, 14 de mayo de 2012

AXUDAS PARA SACAR O CARNÉ DE CONDUCIR

carne_de_conducir

REQUISITOS
  • Ter entre 18 e 30 anos 
  • Residir en Galicia
  • Ser titular do carné xove
  • Estar en situación de desemprego (cunha antigüidade mínima de 6 meses)
  • Non ter, a unidade familiar, ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM(1.331,27 euros/mes)
Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de outubro de 2012 e, ademais, superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria
As axudas concederánse seguindo a orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible. e terán un importe de 200 euros.
O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible.