Mostrando entradas con la etiqueta PROGRAMAS EUROPEOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROGRAMAS EUROPEOS. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de marzo de 2016

PROBAS CERTIFICACIÓN ESCOLA IDIOMAS

Hoxe ábrese o prazo de matrícula para realizar as probas libres de certificación de idiomas das EOIs.

Ábrese o prazo de matrícula libre para as probas de certificación do nivel básico, intermedio, avanzado e C1 do 29 de marzo ao 14 de abril de 2016, ambos incluídos. 

A matrícula realizarase en liña no enderezo: https://www.informaticacentros.com/xunta/ 
e non terá validez ata que o alumnado a formalice na secretaría do centro onde se vai examinar. 

A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12.00 do mediodía do 14 de abril.

MÁIS INFO 

miércoles, 29 de octubre de 2014

NOVO BLOG PROGRAMAS EUROPEOS

ATENCIÓN!! A partires de agora podedes seguir todas as novidades sobre a actividade europea do IES Johan Carballeira no noso novo blog: PROGRAMAS EUROPEOS.




GO ERASMUS!!

martes, 28 de octubre de 2014

¿CÓMO INFLÚE O ERASMUS NA VIDA DUN ESTUDANTE?

Pois respostar a esta pregunta era precisamente o obxecto dun estudo encargado pola Comisión Europea, é dicir, determinar cómo o programa Erasmus ten influído na mocidade europea.
Para levalo a cabo, se teñen analizado as respostas de máis de 75.000 estudantes e antigos alumnos, entre elas as de máis de 55.000 que  estudaron ou se formaron no estranxeiro. Ademáis, cinco mil  traballadores, mil centros de ensino superior y seiscientos cincuenta empresarios (un 55 % de pymes) participaron nas enquisas en liña. O estudo cualitativo está centrado en oito países, bastante diferentes en canto a tamaño e zona:  Alemania, Bulgaria, Chequia, España, Finlandia, Lituania,  Portugal e Reino Unido.

O RESULTADO? Claramente a participación nun programa de mobilidade Erasmus  favorece a empregabilidade, a inserción laboral e a mobilidade internacional dos estudantes. Unha razón de peso para plantexarse a participación nas accións Erasmus que o noso centro desenvolve.

GO ERASMUS!


VISITA ALEMANA AO JOHAN CARBALLEIRA


Como sabedes, a semana pasada tivemos a visita no centro dun grupo alemán de intercambio procedente de Harsewinkle. Tocábanos corresponderlles como anfitrións, tras a marabillosa acollida que nos deron o pasado xullo na súa terra.

A axenda do grupo estivo cargadísima, e como o tempo nos acompañou, mesmo tiveron  a oportunidade de darse un baño nas nosas praias e desfrutar a tope da bela paisaxe e da gastronomía. Precisamente vos deixamos o enlace a unha noticia do Faro de Vigo do pasado venres, cando tras asistir á subasta do peixe na lonxa, acudimos a un showcooking organizado polo Concello de Bueu na praza de abastos. Alí nos explicaron cómo cociñar mexilóns e tivemos a oportunidade de degustar pratos típicos da terra.
Todo moi rico por certo, a visita á praza de abastos de Bueu resulta imprescindible!!

Aproveitamos para darlle as grazas ao Concello de Bueu por organizar unha actividade de tanto interese e polas atencións recibidas. Por suposto, agradecer á profesora Urte Rose de Vries e ás súas estudantes de español achegarse estes días a Bueu para coñecer un pouquiño da nosa terra e da nosa cultura.

domingo, 15 de junio de 2014

PROGRAMA DE BECAS PARA FP - EUROGAL

Oferta de 45 prazas de Leonardo da Vinci (PLM) para a realización de prácticas laborais non remuneradas en seis países da Unión Europea a partir do mes de setembro de 2014, no marco do proxecto “Europeizando Galicia”, EUROGAL.

Destinatarios/as:

  • Ter entre 18 e 30 anos de idade, no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Ser galegos/as residentes nun concello de Galicia
  • Ter titulación universitaria ou de formación profesional nos sectores especificados segundo o país de realización da estadía.
  • Non ter sido beneficiario de ningunha  outra bolsa Leonardo da Vinci PLM

Destinos: Cork, Praga, Burdeos, Arezzo, Cracovia y Budapest.

Cobertura: As bolsas cobren estancias de 12 semanas de duración a realizar  partir do mes de setembro de 2014 que inclúen:
  • Formación lingüística e cultural
  • Período de formación en prácticas laborais non remuneradas no país de destino nunha empresa relacionada co sector profesional de cada participante.
  • Aloxamento en cuarto de uso múltiple
  • Seguro de responsabilidade civil.
  • Axuda para os gastos da viaxe de ida e volta a custo real ata un máximo de 250 euros, cantidade que será aboada ao beneficiario/a no momento de volta, previa xustificación.
  • 300 € en concepto de axuda a manutención

Solicitudesprazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño de 2014 ás 23:59 horas.

Máis información: na web de xuventude galicia, no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es e nos números de teléfono: 881 999 567/ 981 544 645, en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres.

martes, 6 de mayo de 2014

RUMBO A HARSEWINKLE


No centro estamos a preparar a viaxe de intercambio a Alemania que terá lugar na primeira semana de xuño. A profesora Marián Garrido, xunto có alumnado de alemán están a traballar a reo na organización dun festival para recadar fondos. O festival terá lugar o próximo sábado no Centro Social do Mar. Non dubidedes en  participar, diversión e solidariedade teñen unha cita con vós este sábado!!

martes, 15 de abril de 2014

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA CERTIFICACIÓN DE NIVEL DE IDIOMA

A Circular 2/2014 vén de publicar as datas e lugares de celebración das probas de certificación de nivel de idioma (Básico, intermedio, avanzado e nivel C1) para este ano 2014.
Poden presentarse todas as persoas que quixeren, excepto o alumnado xa matriculado no mesmo curso e nivel na modalidade oficial non pode presentarse pola modalidade libre. O alumnado menor de 16 anos a 31 de decembro non pode presentarse ás probas da lingua que estea a cursar como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria
Non é preciso ter aprobado o exame de certificación dun nivel inferior para poder matricularse e presentarse a un superior, excepto as persoas candidatas ao nivel C1 de inglés, que deberán posuír o certificado de aptitude, de ciclo superiorou a certificación de nivel avanzado, ou o xustificativo de ter pago as taxaspara expedición do certificado.
Matrícula
O prazo de matrícula é de 14 a 30 de abril ás 12.00 do mediodía. Para se matricular, é necesario realizar primeiramente a matrícula online, e posteriormente formalizala na secretaría do noso centro, en horario de 09.00 a 14.00.
Organización das probas
Estas probas de certificación son comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza en cada EOI e permiten o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior.
  • Todas as persoas candidatas teñen dereito á convocatoria de xuño; o alumnado libre, sen embargo, non poderá presentarse á convocatoria de setembro, pois esta é só para o alumnado oficial e CALC.
  • calendario para as probas de expresión oral é fixado por cada Escola, podendo ter lugar antes ou despois das probas escritas. O calendario xeral definitivo das probas orais será publicado, alén de nos taboleiros da Escola, nesta categoría desta mesma páxina web. As convocatorias das diferentes linguas serán publicadas na categoría do departamento correspondente.

viernes, 24 de enero de 2014

CURSOS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA DA UIMP

O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 4.000 axudas de 568,30 € cada unha para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2014 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, Otros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias:
- Bolsas de carácter xeral para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios nos cursos 2011-2012 y 2012-2013
- Bolsas de carácter xeral e mobilidade para alumnado universitario nos cursos 2011-2012 y 2012-2013.

Os cursos impartiranse en dúas modalidades: modalidade de axilidade oral en Inglés Xeral e modalidade de Inglés Especializado. Ambas as dúas modalidades terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
Os cursos terán lugar en Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona, Aragón e Cartagena no período comprendido entre o 7 de abril e o 19 de decembro de 2014.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de febreiro de 2014.


jueves, 19 de diciembre de 2013

O JOHAN NO FARO DE VIGO


Hoxe saímos no Faro de Vigo (edición do Morrazo) có gallo da recente concesión da Carta Erasmus Plus e máis das clases de alemán que se están a impartir no noso centro dende o inicio deste curso 2013/14.

lunes, 9 de diciembre de 2013

miércoles, 27 de noviembre de 2013

NOVO PROGRAMA ERASMUS +

Logo del nuevo progrma europeo Erasmus+
O Parlamento Europeo acaba de aprobar o programa Erasmus+ , que reúne todos os programas da UE, existentes  en materia de educación, formación, xuventude e deporte, incluido o programa de aprendizaxe permanente (Erasmus, Leonardo da Vinci, Comenius, Grundtvig), Xuventude en Acción e cinco programas internacionais de cooperación (Erasmus Mundus, Tempus, Alfa, Edulink e o programa de cooperación cós países industrializados).
Erasmus+, cun aumento do orzamento e máis público obxectivo, ofrece oportunidades ás persoas para a formación, estudos ou adquirir experiencias en Europa, fomentando a cooperación entre o mundo educativo e o laboral.
Para ter máis información sobre este novo programa, podedes descargar o comunicado de prensa da Comisión Europea.
Podes ver a rolda de prensa no "EbS Channel" de la Comisión Europea.

lunes, 27 de mayo de 2013

NOVAS DENDE LISBOA



Xa sabedes que Fica Lascu, alumna do 2º curso de CSAFI, está desfrutando dunha beca Erasmus gracias á cal está a realizar a  súa FCT en Lisboa.
Onte saíu no xornal ABC (edición internacional), nunha reportaxe sobre estranxeiros en Lisboa. 

Noraboa Fica, desfruta da cidade, que xa te queda pouquiño para regresar!!

martes, 21 de mayo de 2013

AXUDAS FCT PARA ERASMUS

Para as estadías de FCT nalgún país da UE, éstas son as axudas previstas:


País
Contía base
Contía por semana

Portugal

100 €

60 €

Francia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, Holanda, Romanía, Malta, Bulgaria, Irlanda


150 €


100 €

Dinamarca, Hungría, Austria, R. Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Suecia, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Grecia, Chipre



200 €



125€


Tedes que ter en conta que, os beneficiarios da beca Erasmus non cobraredes estas contías íntegramente, se non o 50% das mesmas.

AXUDAS ECONÓMICAS F.C.T.

Na Orde do 16 de maio de 2013 convócanse as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

miércoles, 8 de mayo de 2013

CURSOS INTENSIVOS DE LINGUAS NA USC


O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC abre o prazo de matrícula, do día 1 de xuño ata o día 25 de xuño, para 27 cursos intensivos de verán de 17 linguas diferentes. 
Estes cursos desenvolveránse en horario de 9:30 a 13:45 polas mañás ou de 15:30 a 19:45 horas polas tardes, entre os días 8 e 19 do mes de xullo de 2013, nas aulas das facultades da USC do Campus de Santiago e Lugo.
 
Na oferta intégranse cursos de alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, euskera, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso e xaponés

Estes cursos están dirixidos en primeiro lugar a alumnos da USC que vaian ir a unha universidade estranxeira cunha bolsa dos programas de mobilidade durante o curso 2013-2014 aínda que tamén están abertos a outras persoas con interese nas citadas linguas así como a alumnos de ensino secundario que cumpran ao longo de 2013 dezaseis anos. 

lunes, 6 de mayo de 2013

CURSOS DE IDIOMAS E PROBAS DE CERTIFICACIÓN

O centro de linguas Bubela, do que xa vos falamos en anteriores ocasións e que pertence á Universidade de Vigo, ofrece un amplo e interesantísimo catálogo de cursos de idiomas, que van dende cursos de iniciación e perfeccionamento, a cursos de verán , cursos de conversa e pronunciación, cursos intensivos, cursos de preparación para probas de nivel e exames de acreditación de nivel. Impártense cursos de inglés, francés, alemán, portugués, italiano, ruso, chinés e español para estranxeiros.

Podedes consultar a oferta no seguinte enlace: BUBELA

martes, 30 de abril de 2013

PRÁCTICAS EN EUROPA PARA TITULADOS DE FP


O programa Galeuropa está dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.

As estadías para as prácticas laborais desenvolveranse preferentemente na República Checa, Italia, Irlanda, Polonia, Holanda e Francia.
As estadías terán como máximo 8 semanas de duración cun mínimo de 25 horas formativas semanais, entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013.
A contía da axuda ascenderá a 2.400 € por participante por un período máximo de 8 semanas.
Requisitos de participación:
  • Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
  • Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
  • Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
  • Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.

Inscricións: As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS324A
O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de maio de 2013.
Podedes consultar a convocatoria no DOG de 29 de abril de 2013




martes, 2 de abril de 2013

ERASMUS EN BRISTOL

Hoxe Raquel Agraso, alumna do ciclo superior de Administración e finanzas, comezou as súas prácticas de FCT en Bristol, Reino Unido, grazas ao programa Erasmus para ciclos superiores de FP que o noso centro desenvolve.
Agardamos que a experiencia sexa moi enriquecedora! ENJOY!!

Vos deixamos un vídeo promocional da cidade, para que vos fagades unha idea do que lle agarda a Raquel durante estes próximos 3 meses.


martes, 19 de marzo de 2013

ERASMUS EN LISBOA



Hoxe, Fica Lascu, alumna de 2ºcurso do CSAFI, comeza as súas prácticas de FCT en Lisboa, gracias á súa  participación no proxecto Erasmus do centro. Agardamos que disfrute da experiencia e aprenda moitas cousas no noso país veciño.