martes, 28 de octubre de 2014

VISITA ALEMANA AO JOHAN CARBALLEIRA


Como sabedes, a semana pasada tivemos a visita no centro dun grupo alemán de intercambio procedente de Harsewinkle. Tocábanos corresponderlles como anfitrións, tras a marabillosa acollida que nos deron o pasado xullo na súa terra.

A axenda do grupo estivo cargadísima, e como o tempo nos acompañou, mesmo tiveron  a oportunidade de darse un baño nas nosas praias e desfrutar a tope da bela paisaxe e da gastronomía. Precisamente vos deixamos o enlace a unha noticia do Faro de Vigo do pasado venres, cando tras asistir á subasta do peixe na lonxa, acudimos a un showcooking organizado polo Concello de Bueu na praza de abastos. Alí nos explicaron cómo cociñar mexilóns e tivemos a oportunidade de degustar pratos típicos da terra.
Todo moi rico por certo, a visita á praza de abastos de Bueu resulta imprescindible!!

Aproveitamos para darlle as grazas ao Concello de Bueu por organizar unha actividade de tanto interese e polas atencións recibidas. Por suposto, agradecer á profesora Urte Rose de Vries e ás súas estudantes de español achegarse estes días a Bueu para coñecer un pouquiño da nosa terra e da nosa cultura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario