Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVAS. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de marzo de 2016

PROBAS CERTIFICACIÓN ESCOLA IDIOMAS

Hoxe ábrese o prazo de matrícula para realizar as probas libres de certificación de idiomas das EOIs.

Ábrese o prazo de matrícula libre para as probas de certificación do nivel básico, intermedio, avanzado e C1 do 29 de marzo ao 14 de abril de 2016, ambos incluídos. 

A matrícula realizarase en liña no enderezo: https://www.informaticacentros.com/xunta/ 
e non terá validez ata que o alumnado a formalice na secretaría do centro onde se vai examinar. 

A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12.00 do mediodía do 14 de abril.

MÁIS INFO 

jueves, 12 de marzo de 2015

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FP DE GRAO SUPERIOR

Hoxe, 12 de marzo, publícase no DOG a convocatoria de premios extraordinarios de FP de grao superior de Galicia, correspondentes ao curso 2013/14.
Os requisitos para poder participar son:
  • Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior no curso 2013/14 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e telos rematado no ano 2014.
  • Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5.
  • Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, a partir do venres 13 de marzo.

jueves, 26 de febrero de 2015

PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO E SUPERIOR

A pasada semana aprobouse a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2015.
As datas de inscrición son:

  • Superior: do 23 de febreiro ao 06 de marzo
  • Medio: do 07 ao 20 de abril para grao medio. 
As probas terán lugar o 29 de abril (Superior) e o 3 de xuño (Medio).
Máis información:

martes, 28 de octubre de 2014

VISITA ALEMANA AO JOHAN CARBALLEIRA


Como sabedes, a semana pasada tivemos a visita no centro dun grupo alemán de intercambio procedente de Harsewinkle. Tocábanos corresponderlles como anfitrións, tras a marabillosa acollida que nos deron o pasado xullo na súa terra.

A axenda do grupo estivo cargadísima, e como o tempo nos acompañou, mesmo tiveron  a oportunidade de darse un baño nas nosas praias e desfrutar a tope da bela paisaxe e da gastronomía. Precisamente vos deixamos o enlace a unha noticia do Faro de Vigo do pasado venres, cando tras asistir á subasta do peixe na lonxa, acudimos a un showcooking organizado polo Concello de Bueu na praza de abastos. Alí nos explicaron cómo cociñar mexilóns e tivemos a oportunidade de degustar pratos típicos da terra.
Todo moi rico por certo, a visita á praza de abastos de Bueu resulta imprescindible!!

Aproveitamos para darlle as grazas ao Concello de Bueu por organizar unha actividade de tanto interese e polas atencións recibidas. Por suposto, agradecer á profesora Urte Rose de Vries e ás súas estudantes de español achegarse estes días a Bueu para coñecer un pouquiño da nosa terra e da nosa cultura.

domingo, 15 de junio de 2014

BECAS EN EUROPA PARA NON TITULADOS: PROGRAMA LA IDA


Oferta de 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña durante unha estancia de 4 semanas a partir do mes de outubro de 2014.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de carácter transnacional  La IDA do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais alemán, que a Fundación Paideia desenvolve en colaboración co IBI (Institut für Bildung in der   Informationsgesellschaft e. V.) e cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. 

Datos xerais:

  • Saída prevista: outubro 2014
  • Duración da estancia: 4 semanas
  • Localización: Wernigerode (Alemaña)
  • Prazas: 10
Sectores de prácticas priorizados: metal, xardinería, impresión gráfica, comercio e gastronomía.
Destinatarias/os:
Mozos e mozas galegas con idades entre os 18 e 30 anos de idade no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes, que cumpran os seguintes requisitos:
  • En situación de desemprego laboral superior a seis meses
  • Sen titulación académica ou con titulación equivalente ou inferior ao ciclo medio de formación profesional.
Cobertura:
  • Curso de preparación lingüística e intercultural 
  • Manutención e aloxamento en cuarto de uso múltiple.
  • Viaxe de ida e volta.
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
  • Transporte local no lugar de realización das prácticas.
  • Mediador transnacional e titor de contacto hispanofalante durante toda  a estadía.
Formación:
Antes da  saída: sesións formativas e informativas de asistencia obrigatoria.
Durante a estancia en Alemaña: prácticas laborais non remuneradas  en empresas, curso de iniciación ao alemán e actividades culturais/deportivas 
Á chegada: avaliación e elaboración do informe final obrigatorios
Solicitudes:
As solicitudes deben presentarse a través do formulario electrónico dispoñible ao final desta convocatoria.
prazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño de 2014 ás 23:59 horas.
Máis información
Na web de xuventude, no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es e nos números de teléfono: 881 999 567/ 981 544 645, en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres.

PROGRAMA DE BECAS PARA FP - EUROGAL

Oferta de 45 prazas de Leonardo da Vinci (PLM) para a realización de prácticas laborais non remuneradas en seis países da Unión Europea a partir do mes de setembro de 2014, no marco do proxecto “Europeizando Galicia”, EUROGAL.

Destinatarios/as:

  • Ter entre 18 e 30 anos de idade, no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Ser galegos/as residentes nun concello de Galicia
  • Ter titulación universitaria ou de formación profesional nos sectores especificados segundo o país de realización da estadía.
  • Non ter sido beneficiario de ningunha  outra bolsa Leonardo da Vinci PLM

Destinos: Cork, Praga, Burdeos, Arezzo, Cracovia y Budapest.

Cobertura: As bolsas cobren estancias de 12 semanas de duración a realizar  partir do mes de setembro de 2014 que inclúen:
  • Formación lingüística e cultural
  • Período de formación en prácticas laborais non remuneradas no país de destino nunha empresa relacionada co sector profesional de cada participante.
  • Aloxamento en cuarto de uso múltiple
  • Seguro de responsabilidade civil.
  • Axuda para os gastos da viaxe de ida e volta a custo real ata un máximo de 250 euros, cantidade que será aboada ao beneficiario/a no momento de volta, previa xustificación.
  • 300 € en concepto de axuda a manutención

Solicitudesprazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño de 2014 ás 23:59 horas.

Máis información: na web de xuventude galicia, no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es e nos números de teléfono: 881 999 567/ 981 544 645, en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres.

martes, 27 de mayo de 2014

AXUDAS DA XUNTA PARA O FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO


Hoxe publicouse na web da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia a convocatoria de axudas para promover e axudar a financiar proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas menores de 30 anos e de 30 ou máis anos de idade que pretendan desenvolver  a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomos  ou por conta propia. 

Subvencionaránse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014, ambos inclusive.

Prazo de presentación: Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de setembro de 2014.

Máis información sobre os requisitos e a forma de tramitar as solicitudes:


miércoles, 7 de mayo de 2014

CURSO DE MERGULLO NO IGAFA


O IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa) vai celebrar un curso gratuíto de Mergullo, do 16 de xuño ao 01 de agosto.

Requisitos para poder participar:

  • Ter 18 anos.
  • Ter o ensino académico obrigatorio.
  • Superar unhas probas médicas e psicolóxicas de aptitude.
  • Superar as probas físicas e as da cámara hiperbárica.
Prazo de inscrición: Do 29 de abril ao  16 de maio.


Boletín PonteEmprego



lunes, 28 de abril de 2014

DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO


Hoxe, 28 de Abril celébrase o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, unha campaña internacional destinada a promover tanto a saúde e a seguridade no traballo como o traballo decente. 

Dende o ano 2003, a Organización Internacional del Trabajo (OIT) organiza actividades para conmemorar o Día Mundial facendo fincapié na prevención de accidentes e enfermedades profesionais. O tema da edición 2014 é  “A seguridade e a saúde no uso de produtos químicos no traballo”.

Podedes acceder a máis información na web da OIT: Día Mundial da seguridade e a saúde laboral.


martes, 15 de abril de 2014

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA CERTIFICACIÓN DE NIVEL DE IDIOMA

A Circular 2/2014 vén de publicar as datas e lugares de celebración das probas de certificación de nivel de idioma (Básico, intermedio, avanzado e nivel C1) para este ano 2014.
Poden presentarse todas as persoas que quixeren, excepto o alumnado xa matriculado no mesmo curso e nivel na modalidade oficial non pode presentarse pola modalidade libre. O alumnado menor de 16 anos a 31 de decembro non pode presentarse ás probas da lingua que estea a cursar como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria
Non é preciso ter aprobado o exame de certificación dun nivel inferior para poder matricularse e presentarse a un superior, excepto as persoas candidatas ao nivel C1 de inglés, que deberán posuír o certificado de aptitude, de ciclo superiorou a certificación de nivel avanzado, ou o xustificativo de ter pago as taxaspara expedición do certificado.
Matrícula
O prazo de matrícula é de 14 a 30 de abril ás 12.00 do mediodía. Para se matricular, é necesario realizar primeiramente a matrícula online, e posteriormente formalizala na secretaría do noso centro, en horario de 09.00 a 14.00.
Organización das probas
Estas probas de certificación son comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza en cada EOI e permiten o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior.
  • Todas as persoas candidatas teñen dereito á convocatoria de xuño; o alumnado libre, sen embargo, non poderá presentarse á convocatoria de setembro, pois esta é só para o alumnado oficial e CALC.
  • calendario para as probas de expresión oral é fixado por cada Escola, podendo ter lugar antes ou despois das probas escritas. O calendario xeral definitivo das probas orais será publicado, alén de nos taboleiros da Escola, nesta categoría desta mesma páxina web. As convocatorias das diferentes linguas serán publicadas na categoría do departamento correspondente.

viernes, 14 de marzo de 2014

GALEUROPA: PRÁCTICAS LABORAIS NO ESTRANXEIRO

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o programa Galeuropa dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.
As prácticas terán unha duración de 8 semanas cun mínimo de 25 horas formativas semanais, e desenvolveranse no período comprendido entre o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva de persoas beneficiarias e o 30 de outubro de 2014.
Requisitos:
  • Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
  • Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
Titulación:
  • Título de técnico/a ou técnico/a superior (grao medio ou superior) de Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
  • Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a, técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores.
  • Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
  • Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
PRAZO ABERTO ATA O 28 DE MARZO.

CALENDARIO DE EXAMES DE CAMBRIDGE


Vos deixamos o enlace ao calendario de datas dos exames oficiais de Cambridge, aos que vos poderedes presentar para acreditar o voso nivel de coñecemento da lingua inglesa. No mesmo enlace poderedes consultar o importe correspondente ás taxas de exame, que varían segundo o nivel ao que vos presentedes.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN ESPAÑA

O Ministerio de Educación convoca 2.000 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2014.
Requisitos:
a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1994 e o 31 de decembro de 1997 e estar matriculado no curso 2013-2014 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
  • Bacharelato,
  • Ensinanzas profesionais de música e danza,
  • Grao medio de Formación Profesional,
  • Grao medio de artes plásticas e deseño,
  • Grao medio de ensinanzas deportivas e Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
b) Ter obtido no curso 2013-2014 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación
c) Todos os solicitantes deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.

prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 2 de abril de 2014.
Máis información no BOE do 10 de marzo de 2014, en www.educacion.es, e  AQUÍ.

lunes, 10 de marzo de 2014

PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2014

Hoxe sae publicada no DOG a Orde de 05 de marzo, pola que se convocan as probas de acceso a ciclo medio e superior de Formación Profesional.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:
  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos.