martes, 15 de abril de 2014

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA CERTIFICACIÓN DE NIVEL DE IDIOMA

A Circular 2/2014 vén de publicar as datas e lugares de celebración das probas de certificación de nivel de idioma (Básico, intermedio, avanzado e nivel C1) para este ano 2014.
Poden presentarse todas as persoas que quixeren, excepto o alumnado xa matriculado no mesmo curso e nivel na modalidade oficial non pode presentarse pola modalidade libre. O alumnado menor de 16 anos a 31 de decembro non pode presentarse ás probas da lingua que estea a cursar como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria
Non é preciso ter aprobado o exame de certificación dun nivel inferior para poder matricularse e presentarse a un superior, excepto as persoas candidatas ao nivel C1 de inglés, que deberán posuír o certificado de aptitude, de ciclo superiorou a certificación de nivel avanzado, ou o xustificativo de ter pago as taxaspara expedición do certificado.
Matrícula
O prazo de matrícula é de 14 a 30 de abril ás 12.00 do mediodía. Para se matricular, é necesario realizar primeiramente a matrícula online, e posteriormente formalizala na secretaría do noso centro, en horario de 09.00 a 14.00.
Organización das probas
Estas probas de certificación son comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza en cada EOI e permiten o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior.
  • Todas as persoas candidatas teñen dereito á convocatoria de xuño; o alumnado libre, sen embargo, non poderá presentarse á convocatoria de setembro, pois esta é só para o alumnado oficial e CALC.
  • calendario para as probas de expresión oral é fixado por cada Escola, podendo ter lugar antes ou despois das probas escritas. O calendario xeral definitivo das probas orais será publicado, alén de nos taboleiros da Escola, nesta categoría desta mesma páxina web. As convocatorias das diferentes linguas serán publicadas na categoría do departamento correspondente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario