martes, 31 de mayo de 2011

IMPORTE DAS BOLSAS ERASMUS



É importante que teñades en conta que as bolsas Erasmus son axudas para a mobilidade, non becas que cubran todos os gastos da estancia. É dicir, serven para cubrir parte dos gastos de viaxe, aloxamento, manutención e seguro, pero non a súa totalidade.

A boa nova é que a estes importes habería que sumar outras axudas públicas complementarias, que  servirían para facer fronte aos gastos xurdidos da mobilidade. Así poderíamos contar coas axudas do MEC (Ministerio de Educación) e as da Xunta. Así mesmo, algúns bancos e entidades financeiras (por exemplo Caja Madrid) teñen programas especiais de becas para o alumnado titular dunha bolsa Erasmus.



Para que vos fagades unha idea aproximada dos importes, para a convocatoria 2010 a contía da bolsa Erasmus foi de 320 euros ao mes.  Hai que engadir as axudas do MEC, que oscilaron (segundo destino) entre 170-215 euros mensuais (375-420 euros, si se trataba dun alumno/a con beca de estudos). 
Faltarían por sumar as axudas para FCT concedidas pola Xunta. Para este curso 2011, xa se aprobaron as contías para a FCT modalidade B (realizadas nalgún país europeo), e son as seguintes:

País 
Contía base 
€ por semana 

Portugal 
150 € 
90 

Francia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, Holanda, Romanía, Malta, Bulgaria, Irlanda 

200 € 
175 
Dinamarca, Hungría, Austria, R. Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Suecia, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Grecia, Chipre 

300 € 
225 

Se facedes contas polo baixo, por exemplo para unha mobilidade en Portugal, os importes incluirían:
  • 320 euros/mes da UE.
  • 170 euros/mes do MEC.
  • 150 (contía base) e os 90 euros semanais da Xunta. 
Resumindo, para unha estancia de 3 meses en Portugal (o mínimo en axudas), contaríades cun importe total de 2.360 euros (uns 780 euros mensuais). Agora ben, tedes que ter en conta que as axudas da Xunta (non así o resto) non se aboan ata o ano seguinte, có cal teríades que adiantar vos ese diñeiro. Aínda así ,se facedes contas, poderedes  chegar á conclusión de que estas axudas son bastante dignas. Un motivo máis para tomar a decisión e entrar na comunidade Erasmus.

ANIMÁDEVOS, GO ERASMUS!!


lunes, 30 de mayo de 2011

BOLSAS ERASMUS NO JOHAN CARBALLEIRA





Como xa vos indicamos nun post anterior, o noso centro é titular dunha Carta Erasmus, e polo tanto podemos organizar accións de mobilidade do noso alumnado dentro do ámbito da UE.

Para o curso que vén (2011/20112) imos desenvolver o programa de mobilidade ERASMUS, dirixido ao alumnado de ciclos de FP de grao superior. O reto é que os estudantes dos nosos ciclos, que este ano estades a realizar o 1º curso dos vosos estudos (ben de administración e finanzas ou de costrucións metálicas) desenvolvades as prácticas da FCT nalgún país da U.E.


Se sodes alumnos de 1º CS Administración e finanzas ou 1º CS Costrucións Metálicas, e estades interesados en solicitar unha bolsa Erasmus, poñédevos en contacto co voso titor ou directamente co departamento de programas europeos (cuxa composición xa indicamos no post anterior). Os criterios de selección están baseados en termos de expediente académico, competencia lingüística e implicación co programa (interese, compromiso e motivación por participar).

Se tedes dúbidas respecto á vosa competencia lingüística ou ben credes que necesitades un reforzo, tede en conta unha cousa: a mobilidade non se levaría a cabo ata marzo de 2012, co cal tedes tempo abondo para refrescar coñecementos e incluso adquirir novas competencias. Ademáis o centro se encargaría de desenvolver actividades de formación e perfeccionamento lingüístico e achegamento á cultura do país de destino, ademáis de tutelarvos en todo o proceso de procura de aloxamento, acomodación no país de destino, preparación, documentación, seguros...etc.

O Programa Erasmus supón todo vantaxes para vós: coñecer unha nova cultura, unha nova lingua, o sistema produtivo doutro país, outros xeitos de vida, facer novos amigos, mellorar as vosas perspectivas de empregabilidade, ampliar as vosas miras... 

NON DEIXEDES DE BARALLAR A POSIBILIDADE DE VOS PRESENTAR A ESTE PROGRAMA, CAMBIARÁ O RUMBO DAS VOSAS VIDAS!!!

REPETIMOS: Para calquera dúbida que teñades dirixídevos ao grupo de programas europeos do centro (Ana Freijeiro, Rafael Baquero e Marta Rodal), namentres podédevos documentar na web da Xunta de galicia. Para dúbidas de carácter xeral, vos deixamos o enlace a un documento da Axencia Nacional Europea que está bastante clariño: PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES.

sábado, 28 de mayo de 2011

PROGRAMAS EUROPEOS





QUÉ SON OS PROGRAMAS EUROPEOS?  TRÁTANSE DUNHA SERIE DE ACTIVIDADES OU ACCIÓNS FINANCIADAS POLA UNIÓN EUROPEA E DIRIXIDAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA (ESTUDANTES DE TODOS OS NIVEIS, PROFESORADO E PERSONAL NON DOCENTE). EXISTEN MOITOS TIPOS DE PROGRAMAS E AXUDAS, PODEDES CONSULTALOS TODOS NO ENLACE DE PROGRAMAS EUROPEOS DA XUNTA OU BEN NA WEB DA AXENCIA NACIONAL EUROPEA (OAPEE). 
DENDE DECEMBRO DE 2010, O IES JOHAN CARBALLEIRA É TITULAR DUNHA CARTA ERASMUS AMPLIADA (EUCP),  A CAL NOS HABILITA PARA PODER DESENVOLVER DISTINTAS ACCIÓNS DE MOBILIDADE NO CONTEXTO DO PROGRAMA DE APRENDIZAXE PERMANENTE (PAP) DA UNIÓN EUROPEA, PARA O PERIODO 2007/2013.

  • QUÉ SIGNIFICA SER TITULARES DUNHA CARTA ERASMUS AMPLIADA? 
IMPLICA QUE O NOSO CENTRO PODE LEVAR A CABO ACCIÓNS DE MOBILIDADE DOS NOSOS ESTUDANTES, COÑECIDAS NO CONTEXTO EUROPEO COMO STUDENT MOBILITY PLACEMENTS (SMP), É DICIR MOBILIDADES DE ESTUDANTES PARA PRÁCTICAS.

  • QUÉ SON AS SMP? 
TRÁTASE DE MOBILIDADES DIRIXIDAS AO ALUMNADO QUE ESTEA A REALIZAR ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL (GRAO MEDIO E SUPERIOR) COA  FINALIDADE DE QUE TEÑAN A OPORTUNIDADE  DE REALIZAR AS PRÁCTICAS DE EMPRESAS (FCT) NALGÚN PAÍS DA UNIÓN EUROPEA. AINDA QUE EXISTE UN  AMPLO ABANO DE POSIBILIDADES DE MOBILIDADE, O IES JOHAN CARBALLEIRA TEN FOCALIZADO O SEU TRABALLO NO DESENVOLVEMENTO DA MOBILIDADE ERASMUS.

  • EN QUÉ CONSISTE A MOBILIDADE ERASMUS?
VAI DIRIXIDA AOS ESTUDANTES DE FP DE GRAO SUPERIOR, E PERMETE QUE ÉSTES REALICEN A FCT NALGÚN PAÍS EUROPEO. OS REQUISITOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO SERÁN ESTABLECIDOS POLO CENTRO, ATENDENDENDO A CRITERIOS DE EXPEDIENTE ACADÉMICO, COMPETENCIA LINGÜÍSTICA E COMPROMISO CÓ PROGRAMA. AS MOBILIDADES ERASMUS PÍDENSE DUN ANO PARA OUTRO, ASÍ QUE SE ESTÁS CURSANDO O 1º ANO DALGÚN DOS NOSOS GRAOS SUPERIORES E ESTÁS INTERESADO EN  PARTICIPAR E PODER DESFRUTAR DA AVENTURA ERASMUS, NON  O DUBIDES, PONTE EN CONTACTO XA CÓ DEPARTAMENTO DE PROGRAMAS EUROPEOS. ENCARGARÉMONOS DE ASESORARTE E GUIARTE AO LONGO DE TODO O PROCESO.

COMPOÑENTES DO GRUPO DE PROGRAMAS EUROPEOS (2011)
  • ANA FREIJEIRO VILLANUEVA (Coordinadora)
  • RAFAEL BAQUERO VILLAVERDE  (Fabricación Mecánica)
  • MARTA RODAL  OTERO (Administración e Finanzas)
MÁIS INFORMACIÓN NA SECCIÓN DE PROGRAMAS EUROPEOS NA WEB DO CENTRO.

viernes, 27 de mayo de 2011

ENSINANZAS ARTÍSTICAS

E seguimos con DOG!!!
Hoxe tamén aparecen publicadas as instruccións de acceso ás ensinanzas de artes plásticas e deseño para o vindeiro curso 2010/2011.

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS

Hoxe no DOG (27 DE MAIO) publícase a resolución do 9 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2011-2012.

A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 20 de xuño de 2011. 

miércoles, 25 de mayo de 2011

CAMPOS DE TRABALLO NOUTRAS CCAA

banneraccionveranHoxe 25 de maio, ábrese o prazo da 2ª convocatoria de prazas para os campos de traballo noutras Comunidades autónomas, dentro do programa Acción de Verán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Os interesados podedes chamar ó 981544838 e 981957115

O SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO


O PASADO LUNS, 23 DE MAIO, PUBLICÓUSE UNHA ACTUALIZACIÓN DA GUÍA DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (SUG).
EIQUÍ VOS DEIXAMOS O ENLACE, PARA AS POSIBLES CONSULTAS QUE DESEXEDES FACER.

lunes, 16 de mayo de 2011

SAÍDA EDUCATIVA A INDITEX


Hoxe, o noso alumnado de administración e finanzas e xestión administrativa, sae para a provincia de A Coruña, para facer como cada ano, unha visita ás instalacións da multinacional INDITEX, situadas en Arteixo, a poucos kilómetros da cidade herculina.

Trátase dunha visita de grade interese, pola magnitude da empresa, as instalacións, a loxística, a súa aposta pola innovación, as súas políticas de mercado, e cómo non,  pola calidade das explicacións.
Estamos seguros que o noso alumnado desfrutará moitísimo desta experiencia educativa e deste primeiro achegamento a ese xigante da industria textil que tanta presenza ten con conquistado nas nosas vidas.

En breve postearemos fotos da mesma!!!
Boa xornada!!!

Para os que vos quedastes coas gañas de asistir:

PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE



Como lembrades, o alumnado de FP de grao superior pode concurrir á parte específica das probas de acceso á universidade, coa finalidade de subir a súa nota media e poder concurrir "en condicións de igualdade" có alumnado de bacharelato no acceso a un grao.

Na Orde do 25 de marzo de 2011 se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia no curso 2011-2012.
Podedes consultar eses parámetros EIQUÍ.

viernes, 13 de mayo de 2011

GAÑADORAS DO TROFEO COLORART



PARABÉNS!!!!

Eiquí tedes recibindo o seu premio a Vanessa Caeiro (primeira pola dereita) e María Varela (primeira pola esquerda), as nosas flamantes gañadoras do trofeo Colorart,celebrado no Barco de Valdeorras o pasado martes 10 de maio .
Vos deixamos enlaces da noticia en diferentes medios de comunicación.


jueves, 12 de mayo de 2011

AXUDAS Á FCT

Hoxe publicouse a Orde do 3 de maio de 2011, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo. Estas axudas teñen como finalidade  compensar parcialmente ao alumnado de FP polos gastos extraordinarios que se producen no desenvolvemento das prácticas formativas en centros de traballo.
  • QUÉN PODE PEDIR AS AXUDAS? Todo o alumnado matriculado en ciclos de FP de grao medio ou superior (en centros públicos ou concertados de Galicia) e que rematen o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2011. Existen as axudas para dúas modalidades, A (para a FCT realizada en territorio español) e B (para FCT desenvolvidas nalgún país da UE).
  • PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN? Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes: un primeiro prazo, de 31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (é dicir, até o domingo 12 de xuño), para o alumnado que realizase a FCT nos períodos, outubro 2010-marzo 2011, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2011. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2011. Tamén se acollerá a este prazo o alumnado matriculado no primeiro curso dun programa de cualificación profesional inicial no curso 2010-2011. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2011, para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2011 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2011. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2011.

miércoles, 11 de mayo de 2011

GRADUADO DA ESO PARA ADULTOS

Hoxe publicouse a resolución pola que se regulan as probas para a obtención do título de graduado en ensino secundario obrigatorio (ESO), dirixido a maiores de 18 anos. Hai dúas convocatorias, unha en xuño e outra en decembro.

Lugares de realización das probas na provincia de Pontevedra:

  • Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, Vigo.
  • Centro EPA Río Lérez, avda. de Buenos Aires, s/n, Pontevedra.
Prazos de matrícula:
  • Proba de xuño: 16 ao 27 de maio, ambos os dous incluídos.
  • Proba de setembro: o 1 e o 2 de setembro, ambos os dous incluídos.

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 14 de xuño e 9 de setembro
para as respectivas convocatorias.

martes, 10 de mayo de 2011

PRIMEIRO PREMIO NO TROFEO COLOR ART

Gran noticia para o Johan Carballeira!!!

As nosas alumnas do Ciclo medio de Perrucaría acadaron hoxe no Barco de Valdeorras o 1º premio no Trofeo Color Art de L'Oreal. O galardón do concurso inclúe, ademais do referido trofeo, formación en corte, color e xestión dun salón de perrucaría (cheque-formación valorado en 1.000 euros).

Noraboa a Vanessa Caeiro e María Varela por facer un traballo tan bó, e grazas ás dúas e a todo o alumnado de imaxe persoal do Johan Carballeira por representarnos tan ben!!!

NORABOA RAPAZAS, SODES UN ORGULLO E UNHA MOTIVACIÓN PARA O CENTRO!!

lunes, 9 de mayo de 2011

TROFEO COLORART

Mañá martes, 10 de maio, alumnas e alumnos de nove centros educativos galegos participarán no Trofeo Color Art de L'Oreal. Este certame está destinado ao alumnado do CM de Perrucaría, como resultado do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e organizado de forma conxunta pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o departamento educativo da empresa L'Oreal, para a posta en marcha do programa ‘Aprender +’.

No certame tomarán parte o CIFP Someso da Coruña, IES Perdouro de Burela, IES Muralla Romana de Lugo, IES A Pinguela de Monforte de Lemos, IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, IES 12 de Outubro de Ourense,  IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra e IES de Teis de Vigo e, ¡cómo non! o noso centro, o IES Johan Carballeira de Bueu.

Ao longo da tarde os estudantes realizarán probas de corte e peiteado, e de recollidos artísticos de estilo creativo libre. Tras valorar o papel de todos os participantes, o xurado dará a coñecer a súa deliberación, e procederase á entrega de premios. O galardón do concurso inclúe, ademais do referido trofeo, formación en corte, color e xestión dun salón de perrucaría.

O noso centro estará representado por dúas alumnas de 2º curso do CM de Perrucaría, Vanessa Caeiro (recollidos, libre creatividade) e María Varela (corte e peiteados) quenes contarán có apoio das súas compañeiras de PCPI e dos ciclos de perrucaría e estética.

MOITA SORTE PARA AS PARTICIPANTES, ESTAMOS CON VÓS!!!




jueves, 5 de mayo de 2011

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2011 (II)


A Consellería de Traballo e Benestar ten aberto xa o prazo de inscrición para o programa de campamentos para persoas con discapacidade 2011, que oferta máis de 300 prazas: 77 na quenda de integración e 250 na quenda específica, repartidas polas catro provincias galegas, para participantes de entre 9 e 40 anos. O prazo para inscribirse remata o 20 de maio.
Para máis información, consultade EIQUÍ.

miércoles, 4 de mayo de 2011

PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO


VOS RECORDAMOS QUE A PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO TERÁN LUGAR NO IES DE RODEIRA (CANGAS) O DÍA 3 DE XUÑO.
A PUBLICACIÓN DAS NOTAS PROVISIONAIS SERÁ O 16 DE XUÑO.